A lista de centros afectados polo coronavirus na provincia redúcese

Os casos de Covid-19 mantéñense en 47, cun total de dúas aulas confinadas
Un escolar. EP
photo_camera Unha aula preparada. XESÚS PONTE

A cifra de alumnos contaxiados de coronavirus nos centros da provincia de Lugo mantéñense este venres en s47, o mesmo números que os dous últimos días. No entanto, a lista de centros afectados vese reducida ao saír da mesma o CPR Plurilingüe A Inmaculada e o CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, ambos os centros de Lugo.

Os positivos non diminúen ao sumar tres centros de Lugo un caso cada un: CPR Fingoi -pasa de 4 a 5-, IES Lucus Augusti -pasa de 2 a 3- e IES Muralla Romana -pasa de 2 a 3-.

Permanecen pechadas dúas aulas: unha do CPR Fingoi e outra no CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita.

táboa

OS CENTROS DE OURENSE, OS MÁIS CASTIGADOS. A evolución epidemiolóxica na provincia de Ourense reflíctese á súa vez nos centros educativos. Nun contexto xeral no que Galicia suma cada día novos casos nas instalacións do sistema educativo, as escolas e garderías da área de influencia da cidade das Burgas acumulan, con 92 contaxios, máis dun cuarto dos positivos de Covid-19 de todo o territorio.

Os centros e garderías galegas contan este venres cun total de 361 casos positivos en activo, polo menos once máis que a xornada anterior, e que obrigan a manter 32 aulas pechadas nestas instalacións.

O CEIP ourensán das Mercedes, que rexistra o brote máis importante ata o momento desde o arranque do curso, segue incrementándose e xa se detectaron 12 positivos, nove deles nunha mesma clase que xa foi clausurada.

No mesmo municipio, o CPR Plurilingüe Santo Ángel conta á súa vez con cinco contaxios confirmados e unha unidade pechada, o mesmo número que no IES O Ribeiro do municipio de Ribadavia.

O área da Coruña é, xunto á de Ourense, das que rexistra máis incidencia de todo o territorio galego, con 67 contaxios, entre os que destaca o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha, con seis positivos.

Santiago e Pontevedra contan con 50 positivos, respectivamente. Nesta última zona, o caso máis preocupante dáse no Mosteiro de Meis, que suma xa cinco positivos e unha aula pechada.

Tamén é destacable a situación na área de Vigo que a pesar de non ser a que conta con máis incidencia, 46 contaxios detectados, si rexistra o maior número de unidades clausuradas (15), case a metade das que están pechadas en toda Galicia.

NOVOS CONTAXIOS. As autoridades sanitarias tamén han detectado positivos por Covid-19 en novos centros e garderías da Coruña, Pontedeume, Ames, Noia, Rianxo, Ribeira, Santiego, Ourense e Toén.

En concreto, na escola infantil Escolas Populares Gratuítas da Coruña, que pechou unha das súas aulas; o CPR Luís Vives de Pontedeume, a CEP Plurilingüe de Ventín, en Ames; o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia; e o IES Félix Muriel de Rianxo, con dous contaxios.

O resto localizáronse no CPR Plurilingüe Galaxia de Ribeira; o CPR Plurilingüe La Salle de Santiago, con dous casos; o IES Eduardo Blanco Amor en Ourense e o CEOP Saco e Arce en Toén

Comentarios