O libro dixital chegará a 24 novos centros educativos da provincia o próximo curso

Disporán desa ferramenta 49 colexios e institutos lucenses, case un 100% máis que o ano pasado

Pruebas en el colegio de Casás. MARCOS LÓPEZ
photo_camera Imaxe dun colexio lucense. MARCOS LÓPEZ

Un total de 24 novos centros educativos públicos da provincia incorporarán o libro dixital ás súas aulas o próximo curso académico, segundo informaron desde a Xunta de Galicia. En total, disporán desa ferramenta 49 colexios e institutos lucenses, case un 100% máis que o ano pasado.

Nesa relación de novos centros, na etapa de educación primaria figuran Ceip de Becerreá, Foz, Guntín, Lugo (Anexa), As Nogais, Pol, Ribadeo, O Valadouro, Chantada, Begonte, O Corgo, Cospeito e Cervo.

Entre as incorporacións en secundaria están institutos de Chantada, Lugo (Lucus Augusti), Mondoñedo, Ribadeo (o CPR Sacro Corazón e o IES Dionisio Gamallo), Sarria, Viveiro (IES María Sarmiento e Vilar Ponte), Burela, Guitiriz e Foz.

Comentarios