Levantadas 83 actas a causa do covid pola Policía Autonómica

Os axentes actuaron durante o pasado fin de semana nos concellos de Lugo, Baleira, Friol e Mondoñedo
Vehículos de la Policía Autonómica. EP / ARCHIVO
photo_camera Vehículos da Policía Autonómica. EP

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante o pasado fin de semana 14 dispositivos na provincia de Lugo no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes polo covid-19. Ao amparo destes controis, os axentes realizaron 7 inspeccións en 4 concellos da provincia no pasado fin de semana, que deron como resultado a identificación de 83 persoas.

En base a este plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 e 18 de outubro a controlar que se están cumprindo as medidas vixentes para frear a expansión do virus. levaron a cabo 14 dispositivos nos municipios de Lugo, Baleira, Friol e Mondoñedo.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos estaban a cumprirse as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte ao covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforamento e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Comentarios