Interceptan en Xermade a un condutor que case quintuplicaba a taxa de alcol

Adermás, un veciño de Monforte foi imputado por un delito contra a seguridade viaria por dar unha taxa de alcol de 0,86

Un conductor se somete al control de alcoholemia. MIGUELRD68 (Pixabay)
photo_camera Un condutor sométese ao control de alcoholemia.MIGUELRD68 (Pixabay)

A Garda Civil interceptou a un condutor, un veciño de Xermade de 52 anos de idade, cando circulaba co seu vehículo por unha vía dese municipio cunha taxa de alcol que case quintuplicaba a permitida pola lei.

Segundo informou o instituto armado, ao ser sometido á proba de alcoholemia deu unha taxa de 1,17 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo que ese condutor foi imputado como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Tamén por un delito contra a seguridade viaria foi imputado un veciño de Monforte de Lemos, de 61 anos, que foi sorprendido nese municipio cando circulaba cunha taxa de alcol de 0,86 miligramos por litro de aire expirado.

Ademais, un veciño de Paradela, de 64 anos, foi interceptado en Sarria cando ía ao volante do seu coche cunha taxa de 0,78 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

Os tres condutores pasaron xa a disposición xudicial.