A incidencia acumulada repunta lixeiramente en Lugo

Xove, Viveiro, Xermade e Pedrafita, por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes

A incidencia acumulada a 14 días repuntou lixeiramente en Lugo, ao pasar de 109 a 111, segundo os datos facilitados este domingo polo Sergas, actualizados ata as 18.00 horas do sábado.

A pesar diso, a lucense é a cidade galega menos afectada polo virus, seguida da Coruña (116), Ourense (132), Ferrol (171), Vigo (175), Santiago (185) e Pontevedra (207). 

Na provincia hai catro municipios por encima dos 250 casos diagnosticados en 14 días por cada 100.000 habitantes. Son Xove (336), Viveiro (265), Xermade e Pedrafita.

Destes dous últimos descoñécese a incidencia exacta pois o Sergas só aclara que teñen entre un e nove casos.  Preto desa barreira están Cospeito (223) e Vilalba (220).

MUNICIPIO NOVOS CASOS NOS ÚLTIMOS 14 DÍAS INCIDENCIA
Pontevedra 172 207
Vigo 517 175
Ferrol 113 171
Lugo 109 111
Ourense 139 132
Santiago 180 185
A Coruña 286 116