As granxas avisan de problemas "de pagos" se non sobe o prezo do leite

Agromuralla denuncia que "o custo de produción é un 20% superior" ao de hai "catro meses"
Vacas comiendo en una explotación ganadera. EP
photo_camera Vacas comendo nunha explotación gandeira. EP

O presidente da Asociación Agromuralla —que agrupa a gandeiros das provincias de Lugo e A Coruña—, Roberto López, recoñeceu que algunhas explotacións terán pronto "problemas de pagos" se non sobe o prezo do leite en orixe, dado que nestes momentos non é suficiente para cubrir o custo de produción.

En declaracións a Efe, explicou que "neste momento el custo de produción é un 20% superior" ao que tiñan que amortizar as granxas "hai catro meses", fundamentalmente pola subida do prezo dos alimentos para os animais.

"Se a marxe das explotacións xa era moi reducido, neste momento podemos dicir que é nulo e que a actividade das granxas está a irnos ao peto", aclarou.

Nese sentido, avisou de que "se non se modifican os contratos" de subministración coas industrias e sobe "o prezo do leite", algunhas explotacións "terán problemas de pagos" deica pouco, porque "non dan as contas".

Comentarios