O Goberno pide por carta aos municipios lucenses que se somen a Viogen

A subdelegada, Isabel Rodríguez, cita que en 2019 de destinarán 212.000 euros a repartir entre os 67 municipios para loitar contra a violencia de xénero

La subdegada del Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez. SEBAS SENANDE
photo_camera A subdegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. SEBAS SENANDE

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, dirixiuse por carta aos 67 alcaldes da provincia para animalos a integrar aos seus respectivos concellos no Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen).

Nesa misiva, a subdelegada informa os alcaldes da provincia do cambio lexislativo mediante o que o Goberno lle devolve competencias aos concellos para loitar contra a violencia de xénero e, ao mesmo tempo, fai efectivo o traspaso de fondos para que poidan asumir esa función.

De feito, precisou que os 67 municipios lucenses recibirán máis de 106.000 euros no actual exercicio económico, mentres que en 2019 esa cantidade subirá ata os 212.000 euros.

Ademais desa cantidade, os concellos poderán dispor tamén do remanente que recibirán por parte do Goberno sempre que pasen a formar parte do Viogen.

Na provincia de Lugo, a 14 de setembro, había 466 casos de violencia de xénero activos, dos que 181 eran catalogados de baixo risco, 32 como de risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado como de risco "extremo"

Comentarios