miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

O Goberno da Deputación doa o 30% do salario para paliar a crise

Maite Ferreiro e José Tomé. ARQUIVO
Maite Ferreiro e José Tomé. ARQUIVO
O PP confirmo que os seus deputados con dedicación exclusiva uniranse á iniciativa

O goberno bipartito da Deputación de Lugo anunciou que doará o 30% do salario correspondente ao mes de abril de os trece deputados do PSdeG e do BNG que o integran para paliar os efectos derivados da urxencia sanitaria provocada polo coronavirus e o posterior estado de alarma para frear a súa propagación.

O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, explicou que “máis aló de cantidade económica que pode supor esta doazón”, o goberno provincial pretende que sexa “un xesto de solidariedade coa cidadanía e coas empresas que perderon os seus ingresos habituais e están a atravesar momentos difíciles”.

“Hai actos, como esta doazón dunha parte dos nosos soldos, cos que, sen solucionar o grave problema sanitario, queremos sumarnos á gran resposta solidariedade que está a mostrar a sociedade lucense con aqueles que peor o están pasando e enfrontándose en primeira liña a esta situación”, engadiu Tomei.

Na mesma liña, a vicepresidenta da institución, a nacionalista Maite Ferreiro, dixo que se trata dun “xesto simbólico que, en ningún caso substitúe o papel das administracións, porque esta urxencia sanitaria evidencia a necesidade de fortalecer a sanidade pública, os servizos de protección social e a investigación, o cal require dunha aposta política decidida polo público”.

Pola súa banda, o Partido Popular confirmou que os deputados provinciais con dedicación exclusiva na institución provincial tamén doarán o 30% do seu salario, mentres que os demais cederán ese mesma porcentaxe das indemnizacións que perciben pola asistencia aos órganos colexiados da institución provincial.

No seu caso, segundo informou o portavoz do grupo provincial, Javier Castiñeira, o diñeiro irá destinado á compra, a través da Xunta de Galicia, de material sanitario para loita contra o coronavirus. 

O Goberno da Deputación doa o 30% do salario para paliar a crise
comentarios