O Goberno confirma cinco novos contratos para a mellora da liña Monforte-Lugo

O investimento será de case 52 millóns de euros
Obras de la alta velocidad en A Pobra de San Xiao. ARCHIVO
photo_camera Obras da alta velocidade na Pobra de San Xiao. ARQUIVO

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou a licitación de novos investimentos de Adif na provincia Lugo para "a modernización" das infraestruturas ferroviarias.

En concreto, confirmou a licitación de cinco novos contratos para a execución de obras de mellora do ferrocarril entre Monforte e Lugo, que supoñen un importe total de 51.955.294 euros. 

"Con estes novos contratos, suman 262,5 millóns de euros os distintos contratos anunciados por Adif desde o pasado mes de novembro para modernizar a infraestrutura ferroviaria na provincia de Lugo". A iso, engade a adxudicación en xaneiro "de dous proxectos máis que suporán un investimento de case 3 millóns". 

"A aposta polo ferrocarril de Lugo é clara, os lucenses poden estar seguros de que traballamos nesa dirección, demostramos que as nosas promesas non son papel mollado, o Goberno ten a vontade e Adif conta con proxectos e orzamentos para levala a cabo", destaca. 

En concreto, sobre a licitación dos novos contratos de Adif precisa que son a execución das obras do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura do tramo Monforte-Lugo da liña 800, así como a obra de execución do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura. 

A iso, engade, entre outras actuacións, obras de execución do proxecto de ampliación do gálibo en pasos superiores, no traxecto non afectado pola variante de San Xiao, entre Ourense-Monforte-Lugo. 

Destas licitacións, indica que xa están publicadas na Plataforma de Contratación do Estado e apostila que, en breve, tamén se publicarán no Boletín Oficial do Estado (BOE).