Martes. 22.01.2019 |
El tiempo
Martes. 22.01.2019
El tiempo

O frío sitúa as mínimas da provincia en Bóveda con -5º e Lugo con -4,4º

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente. SEBAS SENANDE
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente. SEBAS SENANDE

Para este sábado espéranse ceos despexados acompañados de nubes e tormentas no extremo norte

Os ceos despexados, acompañados dalgunhas nubes na metade norte da comunidade, serán os protagonistas desta xornada de sábado na que hai posibilidade de tormenta.

Durante a madrugada e á primeira hora do día rexistráronse xeadas, a pesar de que as temperaturas mínimas aumentan lixeiramente, segundo informa Meteogalicia.

O municipio de Bóveda, na comarca da Ribeira Sacra, rexistrou a temperatura máis baixa con -5,1º . Pola súa banda, na capital lucense anotáronse -4,4º  e en Pedrafita do Cebreiro -2,9º .

En relación ás temperaturas máximas, seguirán sen cambios significativos.

Nas principais cidades galegas os valores situaranse entre os seguintes baremos. 

Lugo -4° 10°
A Coruña 7° 13°
Ferrol 6° 13°
Ourense -3° 12°
Pontevedra 0° 16°
Vigo 4° 17°
Santiago de Compostela 3° 13°

Respecto ao estado do mar na costa lucense, espérase vento do norte a nordés con forza 1 a 3, marexad, visibilidade mala e mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.

O frío sitúa as mínimas da provincia en Bóveda con -5º e Lugo con...
Comentarios