Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

A Fonsagrada descobre a figura do poeta paradelés Manuel Rodríguez López

Un momento do acto de presentación. TANIS
Un momento do acto de presentación. TANIS

O Museo Etnográfico Comarcal presentou un libro que recolle a súa biografía no acto de apertura dunha exposición sobre o autor

A exposición itinerante sobre o poeta paradelés Manuel Rodríguez López chegou o luns ao Museo Etnográfico Comarcal da Fonsagrada. No acto de inauguración, ao que acudiron o fillo do autor e representantes de ambos os concellos, tamén se presentou o libro M.R.L., 25 anos despois, no que se recollen diversos testemuños sobre a vida do poeta.

Tanto a mostra como a publicación son iniciativas dun proxecto emprendido pola familia do escritor, o Concello de Paradela e Galicia Dixital. Na iniciativa tamén colabora o Concello da Fonsagada, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Consello Regulador Ribeira Sacra e a Real Academia Galega.

Á presentación da exposición tamén asistiu o cantautor becerrego Alfredo González Vilela, que interpretou varias cancións sobre textos de Manuel Rodríguez.

O museo acollerá durante os próximos dous meses nunha das súas salas varios paneis que reconstrúen a vida dun poeta que "encarnou o espírito galego fóra das nosas fronteiras con máis intensidade ca ninguén", segundo explicou o presidente do museo, Xoan Xosé Molina.

A Fonsagrada descobre a figura do poeta paradelés Manuel Rodríguez...
Comentarios