sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Unha finca de experimentación con viñedo replica en Portomarín a idiosincrasia da viticultura heroica da Ribeira Sacra

La finca de Portomarín. EP
La finca de Portomarín. EP
O profesor Julián García Berrios, coordinador da USC deste espazo de usos científico-técnico, salienta as vantaxes que ofrece o viñedo no ámbito docente 

A finca de experimentación con viñedo de que dispón a USC no monte Cristo de Portomarín replica as diversas problemáticas e potencialidades que conforman a singular idiosincrasia da viticultura heroica da Ribeira Sacra. Baixo a coordinación do grupo de investigación Viticultura e Sanidade Vexetal emprazado na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, esta finca achega a potencialidade dun laboratorio de experimentación que contribúe a satisfacer as necesidades docentes e de investigación e innovación implícitas na propia actividade universitaria.

Julián García Berrios, docente e investigador da EPS de Enxeñería da USC lembra como "unha aventura" o complexo proceso iniciado hai xa máis de dúas décadas para a disposición deste espazo de usos docentes e de I+D no monte Cristo de Portomarín, "un recurso necesario para un campus universitario estreitamente ligado coas prácticas agroalimentarias, pero que non goza da tradición nin da sensibilidade suficiente por parte das distintas administracións. Esta realidade, diferente da xestión dun laboratorio, subliña, incrementa as trabas burocráticas e as dificultades de financiamento para manter as instalacións nun estado óptimo para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

A investigadora da USC na EPS de Enxeñaría, Cristina Cabaleiro, fai un balance positivo da disposición deste espazo docente e de I+D+i e estende os beneficios tanto ao ámbito académico como aos propios viticultores e empresarios do sector. Así, Cabaleiro relata que a finca localizada no monte Cristo posibilitou facer algunhas secuencias de proxectos relacionados con enfermidades de tipo vírico, traballos relacionados coa xestión do viñedo, novas tecnoloxías de xestión, material vexetal vitícola, etc. 

Ademais desta bagaxe científica, este campo de experimentación con viñedo, engade, "permite unha observación clara e directa de problemas de tipo fitosanitario e fisiolóxico ou fisiopático que poden rexistrarse na xestión do viñedo Atlántico, de montaña e, en particular, da Ribeira Sacra. 

Unha finca de experimentación con viñedo replica en Portomarín a...
comentarios