Ferreiro: “Non se pode gobernar a Deputación como se fora unha feira”

O que foi portavoz do grupo provincial dos nacionalistas no ente provincial cre que a última lexislatura ten que servir como "ensinanza" aos novos deputados

Xosé Ferreiro, en una rueda de prensa. PEPE TEJERO
photo_camera Xosé Ferreiro. PEPE TEJERO

O que foi portavoz do grupo provincial do BNG no último mandato, Xosé Ferreiro, recoñece que "o que sucedeu nestes últimos catro anos na Deputación ten que servir como ensinanza" para os novos deputados, para "o bo e para o malo", porque "non se pode gobernar unha institución coma se fose unha feira".

Ferreiro despídese este luns da corporación provincial nunha sesión extraordinaria, a última deste mandato, dado que non foi elixido polo BNG para continuar como representante do partido nacionalista na Deputación de Lugo.

Na parte negativa do últimos catro anos, afirma que "non se pode gobernar a institución coma se fose unha feira, porque no último mandato sucederon cousas que non poden pasar nunha institución. Os cidadáns merecen outra cousa".

En todo caso, recoñeceu que o último mandato tamén deixa aspectos "positivos", fundamentalmente "un cambio de filosofía na repartición de fondos por parte da Deputación de Lugo", algo "tan importante" que en si mesmo xa xustifica o traballo realizado no últimos catro anos.

Ferreiro afirmou que o Plan Único de axudas aos municipios, cunha repartición de fondos entre os concellos en función de criterios obxectivos, non só "debe perdurar", senón que debe ser potenciado polo novo goberno provincial.

Trátase, dixo, "dunha nova filosofía política" que é positiva para o conxunto da provincia, polo que opina que o novo goberno debe "estudar o que pasou" no último mandato, para quedar coa bo e "non repetir erros".

Comentarios