Familias de Monterroso, Antas, Taboada e Portomarín piden un pediatra

O grupo de pais e nais reclaman que se cubra a praza de pediatría do centro médico monterrosino, que dá cobertura estes catro concellos
Centro de salud de Monterroso. GSV
photo_camera Centro de saúde de Monterroso. GSV

Un grupo de pais e nais de Monterroso, Antas de Ulla, Taboada e Portomarín iniciaron un proceso de recollida de firmas para reclamar que se cubra a praza de pediatría do centro médico de Monterroso, que dá servizo a estes catro concellos.

Os proxenitores denuncian problemas co cumprimento do calendario de vacúas, o seguimento do crecemento dos nenos e os cambios de citas, que derivan en problemas de conciliación laboral. Tachan de "vergoñento que teñan que recorrer a consultas privadas se necesitan atención pediátrica repentina "cando vos nenos se poñen malos, porque sabemos que en Monterroso non vai haber pediatra".

Desde a delegación do Sergas de Lugo indican que a ausencia do pediatra débese a unha baixa por incapacidade temporal e que se está cubrindo o posto "sempre uque hai substitutos nas listas de contratación, pero hai falta de profesionais". Desde o Concello de Monterroso confirman que si hai pediatra algúns días, "pero non os suficientes". Pódese asinar a petición nas librerías dos catro municipios ata o venres.

Comentarios