O mapa do covid: elévanse a 22 os municipios de Lugo libres do virus

Vilalba baixa nunha semana de 161 a 62 casos positivos e a capital lucense colócase en 150, en camiño a poder avanzar cara a menos restricións

novo33

Os datos por concellos deste luns reflicten que na provincia de Lugo hai 22 concellos totalmente libres de coronavirus, a cifra máis elevada desde que se publican estes datos, hai dous meses.

Na análise do número de contagios na provincia obsérvase unha estabilidade de casos, salvo en Vilalba e Lugo capital, onde a melloría está a ser cada vez máis acusada. Na capital chairega, este luns había 62 contaxios, polos 161 do luns pasado.

Ademais, nos cribados no centro sociocomunitario e en servizos e colectivos como taxistas, Policía Local, Protección Civil e tras áreas de urxencias, non houbo positivos. Tampouco houbo positivos nos institutos, tamén nese cribado masivo.

A capital lucense reduce tamén a 150 os casos, polos 208 da semana pasada e os case 400 de hai un mes, co cal se confirma a tendencia á baixa que a semana pasada motivou a apertura da hostalería ata as 23.00 horas e que, esta semana, tamén podería supor o levantamento doutras medidas, como o peche perimetral. Para iso tense que confirmar esta tendencia positiva, ou ben este martes ou o vindeiro venres.

VER MÁIS ► Balance do martes: os casos activos de covid continúan descendendo na provincia de Lugo

Mapa

Comentarios