Dous centros lucenses, recoñecidos pola súas prácticas en educación inclusiva

Nos galardóns, entregados pola Xunta, tamén foi premiado o IES de Melide
Entrada del IES de Quiroga. EP
photo_camera Entrada do IES de Quiroga. EP
Oito centros educativos galegos foron recoñecidos pola Xunta co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades co obxectivo de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas e recoñecer o labor que se desenvolve nos centros.

En concreto, na categoría de Educación Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o CEIP Plurilingüe A Laxe de Ferrol, mentres que o segundo galardón levouno o CEIP de Quiroga e o terceiro o CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas. O CEIP Plurilingüe da Torre Cela de Bueu quedou co accésit.

Pola súa banda, no caso da categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e formación a persoas adultas e réxime especial, o IES de Melide fíxose co primeiro premio, seguido do IES A Pinguela de Monforte de Lemos e do IES de Pastoriza de Arteixo. O accésit foi para o IES Fernando Blanco de Cee.

PREMIOS. Os galardoados co primeiro premio recibirán 5.000 euros, mentres que os segundos premios constan de 2.500 euros e o terceiro de 1.000 euros, así como 500 euros para o accésit.

A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación, tendo en conta aspectos como a calidade das accións, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa ou a repercusión no proceso de aprendizaxe.
 

Comentarios