viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Un dispositivo de 64 máquinas garantirá a seguridade na rede viaria da Deputación

Presentación do Plan de Viabilidade Invernal. EP
Presentación do Plan de Viabilidade Invernal. EP

Tomé Roca resaltou a importancia de contar cun protocolo destas características para facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible aos incidentes que se poidan producir na rede viaria

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este xoves na Fonsagrada o Plan de Vialidade Invernal despregado polo organismo provincial para a tempada 2021-2022. 

Tomei Roca resaltou, nun acto acompañado por alcaldes, a importancia de contar cun protocolo destas características para facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible aos incidentes que se poidan producir na rede viaria provincial. 

Xunto cos recursos propios da Deputación, traballarán sete empresas. En concreto, o dispositivo está composto por 112 operarios e 48 máquinas, ademais de 12 silos que a institución provincial ten distribuídos por toda a provincia e que dispoñen de 420 toneladas de sal de mina. 

O plan divídese en oito zonas. Por outra banda, dos 4.200 quilómetros de estradas, a metade están situados a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar. 

Segundo os datos do servizo de Xestión Territorial da Deputación, o operativo realizou case 600 intervencións na pasada tempada, tanto preventivas como paliativas. 

Un dispositivo de 64 máquinas garantirá a seguridade na rede viaria...
comentarios