A Deputación de Lugo prioriza o pago a provedores durante o confinamento

José Tomé asegura que adopta esta medida para paliar os efectos económicos que está a provocar a crise do coronavirus
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera José Tomé, presidente da Deputación. VICTORIA RODRÍGUEZ

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou de que institución provincial priorizará nestes momentos "o pago a provedores" para tratar de paliar "os efectos económicos" que está a provocar "a crise sanitaria do coronavirus".

"Unha das liñas de traballo que estamos a intensificar durante o estado de alarma é o pago a provedores", engadiu, para "inxectar liquidez nas empresas e contribuír desa forma a que poidan pagar os salarios dos seus traballadores e os gastos correntes".

"Somos conscientes de que na nosa provincia a gran maioría do tecido empresarial son pemes, micropymes e autónomos", engadiu, polo que o goberno provincial quere "axudar na medida das súas posibilidades" a que "poidan manter o persoal e a súa actividade".

Aínda que a maioría do persoal está traballando a distancia e os efectivos presenciais "reducíronse ao mínimo imprescindible", Tomé asegurou que desde a institución provincial están a implementarse medidas para que o "impacto desta crise sexa o menos duro posible". 

Comentarios