A Deputación organiza actividades para coñecer a flora e fauna de Terras do Miño

Trátase de iniciativas como a elaboración de conservas artesanais ou o recoñecemento de especies
Terras do Miño. GALICIANATURALEUNICA.XUNTA.GAL
photo_camera Terras do Miño. GALICIANATURALEUNICA.XUNTA.GAL

Unha serie de actividades organizadas pola Deputación de Lugo nas Terras do Miño permitirán coñecer de primeira man a flora e a fauna desta zona, declarada Reserva da Biosfera.

Trátase de cinco actividades dirixidas a todos os públicos que terán lugar entre o 31 de maio e 9 de xullo, segundo informou este luns a corporación provincial que encabeza José Tomei.

O centro de interpretación Terras do Miño acollerá estas propostas, que van desde a elaboración de conservas artesanais ao cultivo de plantas ou ao recoñecemento de especies na reserva. 

O programa concluirá o mes de xullo cunhas xornadas de divulgación científica dirixida aos máis pequenos. Os interesados poden xa inscribirse na páxina web da Deputación de Lugo. 

Comentarios