A Deputación de Lugo instalará sistemas de medición de temperatura nos seus centros de traballo

Limitará a capacidade nas súas instalacións para minimizar o risco de contaxio do coronavirus
Fachada de la sede de la Diputación de Lugo. AEP
photo_camera Fachada da sede da Deputación de Lugo. ARQUIVO

A Deputación de Lugo continúa adoptando medidas de prevención e seguridade fronte ao coronavirus para minimizar o risco de contaxio cando se produza a gradual volta ao traballo e a atención presencial nas dependencias provinciais.

Nesa liña, o presidente provincial, José Tomé, asegura que "están preparados para afrontar con garantías o plan de desescalada avanzado polas autoridades sanitarias". Con ese fin, instalaranse sistemas de "medición de temperatura corporal" en cada un dos centros de traballo para detectar "calquera anomalía entres as persoas que traballen no organismo provincial" ou os cidadáns que acudan ás súas dependencias.

Tomé tamén avanzou que se dotará o parque móbil de dúas máquinas de ozono para a desinfección dos seus vehículos, uns cincuenta. Ademais, o aforamento verase "limitado" nos edificios provinciais co fin de que "non se produzan grandes concentracións de xente" e se poida respectar en todo momento "a distancia de seguridade de dous metros".

A Deputación subliña que todas estas decisións seguen a premisa da "incorporación do persoal ao traballo presencial" para que este se faga "coas máximas garantías de protección e coa mellor eficacia de atención á cidadanía e aos concellos". Con estas medidas, segundo Tomé, o ente provincial completa os "protocolos de protección específicos para cada centro de traballo".

Comentarios