A Deputación de Lugo conxela o soldo da súa corporación

A prupuesta foi aprobada por unanumidad ► "Temos que ser solidarios coas persoas que o están pasando mal", apuntou Tomé
Sesión de pelnos en San Marcos.ADRA PALLÓN
photo_camera Sesión de pelnos en San Marcos.ADRA PALLÓN

O pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a proposta do presidente da institución, José Tomei, para conxelar os soldos dos integrantes da corporación provincial no ano 2021.

Durante a súa intervención, recordou que "nestes momentos tan extraordinarios, de crise económica e social, na que tanta xente o está pasando mal, os políticos debemos ser os primeiros en dar exemplo, ser responsables e estar á altura das circunstancias".

Tomei recoñeceu que se trata dun "xesto facía a cidadanía" no "actual contexto de loita contra a pandemia", de modo que os deputados e deputadas provinciais cobrarán o mesmo salario que no ano 2020.

O presidente da Deputación precisou que esa medida non se aplicará aos traballadores do organismo provincial, simplemente aos políticos, pois a Deputación mantén a previsión de incrementar o 0.9% o salario do persoal, de acordo co que marcan os Orzamentos Xerais do Estado.

"Sabemos que é un xesto simbólico, pero para nós ten moita importancia. Temos que ser solidarios coas persoas que o están pasando mal, nun momento de crise social e económica. é o que debemos facer os representantes políticos".

"Somos persoas con vocación de servizo público, de servizo á cidadanía, por encima de todo. Vimos aquí a traballar, a ser solidarios cos nosos veciños e veciñas, non a outras cousas", resolveu.

Comentarios