A Deputación promociona a provincia de Lugo durante o confinamento

O organismo lanza a través das redes sociais diferentes alternativas de entretemento, como producións audiovisuais sobre a provincia
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Piornedo, un dos lugares que se promocionan. J. VÁZQUEZ

A Deputación de Lugo lanzou a través das redes sociais diferentes alternativas de entretemento para as familias que permanecen confinadas nas súas casas como medida de prevención para evitar a expansión do coronavirus, entre elas a difusión de producións audiovisuais para dar a coñecer o patrimonio da provincia.

Segundo informou o goberno provincial, trátase de promover "o coñecemento da provincia sen saír de casa, a través de vídeos elaborados polo Servizo de Audiovisuais" da Deputación de Lugo, ademais de fomentar "a participación e a interacción da cidadanía" con actividades para promocionar "o patrimonio lucense".

En concreto, o Servizo de Audiovisuais compartiu a través das súas redes sociais vídeos do programa 'Descubrindo Lugo', co obxectivo de dar "a coñecer" a través de producións "curtas" o "patrimonio paisaxístico e cultural da provincia".

Neste momento, "coa crise do coronavirus, o que queremos é abrir unha fiestra virtual a todos os que nos seguen nas redes, a modo de paseos e de visitas sen saír de casa e, ademais, é unha boa forma de ir tomando nota para cando todo isto pase e podamos ir en persoa a coñecelos, dixo a deputada de Turismo, Pilar García Porto.

Ademais, difundíronse outro tipo de actividades para facilitar o entretemento dos usuarios, con preguntas "sobre o territorio" ou "adivinanzas", precisou, para favorecer a interacción e o acceso a outros contidos publicados pola Deputación na súa propia web. 

Comentarios