A Deputación de Lugo aproba obras na rede viaria por tres millóns de euros

A xunta de goberno da institución deulle luz verde este venres á licitación dese novo contrato

Álvaro Santos. EP
photo_camera Álvaro Santos. EP

O portavoz do goberno provincial, Álvaro Santos, informou de que a Deputación de Lugo acaba de aprobar o investimento de 3 millóns de euros para mellorar un total de 57 quilómetros da rede viaria provincial en estradas de once os 67 quilómetros da provincia.

A xunta de goberno da institución deulle luz verde esta mañá de venres á licitación dese novo contrato, que se enmarca dentro do programa iniciado pola Deputación de Lugo, dotado cun total de 15 millóns de euros de orzamento, para mellorar a situación da rede viaria provincial, que é, con máis de 4.000 quilómetros de estradas, a máis extensa de toda España.

Deses tres millóns de euros, precisou Santos, "2,6 millóns van destinados a iniciar a contratación das obras de mellora en 46 quilómetros de 26 estradas que pasan polos municipios de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Portomarín, Xermade e Samos".

O portavoz do goberno provincial informou de que "outros 400.000 euros" van destinados a pagar melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 estradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito.

Comentarios