jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

A Deputación de Lugo aproba a convocatoria para adxudicar 41 hortos urbanos

Pablo Rivera. EFE
Pablo Rivera. EFE
Atópanse no paseo do río Rato

A Deputación de Lugo aprobou este venres, tras a xunta de goberno, a convocatoria para adxudicar os 41 "hortos urbanos" de titularidade provincial que "quedaban dispoñibles" no Paseo do río Rato, na capital luguesa.

O deputado de promoción económica, Pablo Rivera, precisou, en rolda de prensa, que "ao longo dos últimos meses adxudicáronse 109 parcelas, a través de dous procesos, un por sorteo público para persoas e entidades que foron usuarias e outro proceso por concorrencia competitiva".

"Abrimos esta convocatoria para asignar os 41 hortos restantes, cos que desta forma xa quedarían adxudicados os 150 hortos urbanos que están habilitados en total no río Rato", comentou.

"Poderán presentar unha solicitude todas aquelas asociacións ou persoas maiores de idade con residencia na provincia, que non convivan con beneficiarios doutros hortos ou que non posúan terreos no concello de Lugo con posibilidade de ser cultivados", especificou.

Os "interesados" poderán presentar a petición no "rexistro da Deputación de Lugo ou na sede electrónica" durante un prazo de dez días que se abre a partir do próximo 30 de outubro

No caso de que "o número de solicitudes sexa superior ao de parcelas dispoñibles, procederase a unha valoración previa na que primarán criterios como no caso de persoas físicas darase prioridade os desempregados, aquelas persoas tamén cunha renda menor, familias numerosas ou xubilados, e no caso de colectivos que sexan sen ánimo de lucro ou representantes de centros educativos".

Os "interesados" poderán presentar a petición no "rexistro da Deputación de Lugo ou na sede electrónica" durante un prazo de dez días que se abre a partir do próximo 30 de outubro.

CENTRO DE DÍA. Na reunión semanal do goberno provincial de Lugo aprobouse, á súa vez, "un convenio de colaboración co Concello de Guitiriz, para a ampliación do centro de día municipal por un importe total" de máis de 71.000 euros, "unha cantidade en que a Deputación achega 50.000 euros, o que supón un 70 por cento". "Este investimento servirá para incrementar as prazas do centro de día de Guitiriz, das 12 con que conta actualmente ata as 20 prazas", precisou.

Igualmente, na Xunta de Goberno acordouse "a colaboración co Concello de Viveiro con 35.000 euros para a colocación do xa tradicional Belén Xigante, un belén a tamaño natural que se instala na contorna da Igrexa de Santa María e fronte ao convento das Dominicas".

Rivera tamén anunciou que se deu luz verde á concesión de axudas "a clubs deportivos" da provincia por un importe de 500.000 euros.

A Deputación de Lugo aproba a convocatoria para adxudicar 41 hortos...
comentarios