martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

A Deputación de Lugo adianta 11 millóns de euros aos municipios

José Tomé Roca. VICTORIA RODRÍGUEZ
José Tomé Roca. VICTORIA RODRÍGUEZ
"É aquí onde temos un papel crave, facilitando que se dispoña de recursos para atender a veciños e veciñas", destacou Tomé

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou que a institución provincial adiantaralles aos municipios da provincia que teñen delegado o cobro dos seus tributos os pagos mensuais correspondentes ao período comprendido entre os meses de xullo e setembro, unha cantidade que suma 11 millóns de euros. 

Con esta decisión, dixo Tomé, "facilitamos liquidez aos concellos para que poidan afrontar con máis recursos a saída da crise provocada pola pandemia" e "poidan levar a cabo todas aquelas accións que consideren necesarias" para axudar aos "seus veciños e ao tecido económico" dos seus respectivos municipios. 

Tomei recordou que este importe súmase aos outros 11 millóns de euros que foron adiantados pola Deputación de Lugo no mes de abril, correspondentes ao cobro de tributos do segundo trimestre do ano. 

O presidente destacou que a "función esencial" da Deputación de Lugo, "e máis nestes momentos", é "cooperar cos concellos". 

"Os pequenos municipios dificilmente poden encarar as novas necesidades que están a xurdir, porque dispoñen de menos recursos. É aquí onde temos un papel crave, facilitando que dispoñan de recursos para atender aos seus veciños e veciñas", concluíu. 

Dese adianto benefícianse o 94% dos municipios lucenses, que son os que teñen delegado o cobro de tributos no servizo de recadación provincial. 

A Deputación de Lugo adianta 11 millóns de euros aos municipios
comentarios