martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

A campaña de Nadal do comercio lucense contempla 10.000 euros en premios

Campaña impulsada pola Deputación e a Federación de Comercio. EP
Campaña impulsada pola Deputación e a Federación de Comercio. EP
A Deputación destina 52.000 euros a apoiar os 5.500 comercios da provincia

O titular da Deputación de Lugo, José Tomé, e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López, asinaron este martes o convenio de colaboración polo que a institución provincial destina 52.000 euros á entidade para a campaña Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti. Comercio de Lugo Seguro, Nadal Seguro, que inclúe 10.000 euros en premios. 

En concreto, conforme sinalou a Deputación nun comunicado, trátase dunha iniciativa para incentivar e promover entre os veciños as compras nos comercios de proximidade da provincia durante o Nadal. No acto, José Tomé destacou que a institución que dirixe colabora desde hai anos coa federación en programas e accións para visibilizar a calidade do sector, e para incentivar as compras no pequeno comercio, no de proximidade. 

O presidente da Deputación, que sostivo que esta colaboración sempre foi "importante", destacou que este ano é "fundamental e imprescindible" que desde a institución provincial se faga esta inxección económica ao sector que, xunto coa hostalería, o turismo e a cultura, está a sufrir o impacto máis grave polas restricións da crise sanitaria.  Deste xeito, a campaña apoiará aos 5.500 comercios da provincia nunhas datas fundamentais, pois o Nadal representa un importante volume dos seus ingresos, supondo máis do 30% da facturación anual.

CONTRATOS DE ILUMINACIÓN. Por outra banda, o presidente da Deputación asinou os contratos para iniciar o plan de aforro enerxético [email protected] en 38 concellos.  As tres adxudicatarias —unha por cada zona da provincia— empezarán este mércores os traballos para executar este programa, grazas ao que se cambiarán 3.200 luminarias por outras de tecnoloxía LED, o que suporá un aforro conxunto de 62.000 euros ao ano para o conxunto de municipios adheridos. 

O plan está dotado con 723.000 euros, dos que o 80% son fondos europeos que a deputación conseguiu a través da IDEA, un organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. 

A campaña de Nadal do comercio lucense contempla 10.000 euros en...
comentarios