A Deputación destina 652.000 euros para a mellora de vías en Friol e Xermade

O organismo provincial está á espera de que os veciños da zona cedan os seus terreos para poder acometer as obras
Obras de mejora del pavimento en el Concello de Friol. EP
photo_camera Obras de mellora do pavimento no Concello de Friol. EP

A Deputación de Lugo destina un total de 652.000 euros para a mellora de estradas nos municipios de Friol e Xermade. A Xunta de Goberno celebrada onte polo goberno provincial aprobou dedicar 200.000 euros para acometer o proxecto de acondicionamento dun tramo de 2,2 quilómetros no cinto comarcal de Friol, correspondente á estrada LU-P-1611.

Así mesmo, a Deputación tamén comprometeuse co Concello de Xermade para mellorar o tramo da estrada Momán-As Pontes que vai do quilómetro catro ao sete, na LU-P-2204. Con strong <>452.000 euros, ampliarán a plataforma para dispor dunha calzada de sete metros de ancho, mellorarán a drenaxe, o firme, a pavimentación e a sinalización.

A este investimento súmanse os 828.000 xa destinados para o arranxo da estrada entre os puntos quilométricos cero e catro. En total, destináronse 1,1 millóns de euros para arranxar sete quilómetros, co que quedarían pendentes 2,8 para terminar definitivamente coa mellora integral da vía.

A portavoz socialista, Pilar García Porto, declarou que atópanse á espera de que todos os veciños da zona cedan os seus terreos para levar a cabo o incio das obras. "Ou que non podemos facer é acometer unha obra por tramos, cando menos teremos que ter uns treitos duns cantos metros que nos permitan avanzar na obra", indicou.

Comentarios