A Deputación de Lugo aproba cos votos de PSOE e BNG a conta xeral do orzamento de 2018

Mayra García constata que se cumpriu coa estabilidade orzamentaria" aínda que se superou o límite da "regra de gasto" 
Mayra García (en el centro), en el pleno de la Diputación de Lugo de este martes. SEBAS SENANDE
photo_camera Mayra García (no centro), no pleno da Deputación de Lugo deste martes. SEBAS SENANDE

A conta xeral de Deputación de Lugo e da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa) correspondente ao ano 2018 foi aprobada este martes cos 13 votos afirmativos do bipartito —dez do PSOE e tres do BNG— e a abstención dos 12 do Partido Popular. A medida, que será remitida ao Tribunal de Contas, saíu adiante nunha sesión plenaria na que os populares votaron co goberno para unha modificación do orzamento de 2019

A deputada de economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García, destacou que o informe de intervención pon de manifesto que se cumpriu coa estabilidade orzamentaria" aínda que se superou o límite da "regra de gasto", cuestión pola que no anterior pleno xa se sacou adiante un plan económico-financeiro. 

Comentarios