A Deputación incorpora máis de 13 millóns de euros ao seu orzamento de 2020

O pleno celebrouse de xeito telemático
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera José Tomé, no pleno telemático deste martes. XESÚS PONTE

A Deputación Provincial de Lugo aprobou durante o pleno ordinario deste martes a incorporación de remanentes de tesourería ao orzamento deste ano 2020 por un importe de 13,6 millóns de euros.

Esta moción saíu adiante no pleno, celebrado de forma telemática, cos votos a favor do PSOE e do BNG e a abstención do grupo provincial do Partido Popular.

Dos máis de 13 millóns de euros incorporados máis de dez serán para destinarse ao Plan Único, cunha dotación de 21,3 millóns, e 3,3 millóns destinaranse a reforzar a cooperación cos concellos da provincia e o tecido asociativo.

Benestar social

A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García, afirmou que este diñeiro servirá para "impulsar medidas que melloren o benestar social e favorezan a reactivación económica e do emprego na provincia". A deputada tamén deixou claro que o ente provincial non ten xa remanentes dispoñibles nas súas contas.

No pleno deste martes tamén tomou posesión como deputado, o concelleiro de Barreiros do Grupo Popular José Manuel Gómez tras o cesamento de Elena Candia para concorrer nas listas para as eleccións galegas.

Ademais, ao comezo da sesión plenaria, a corporación provincial gardou un minuto de silencio polas vítimas do Covid-19. 

Comentarios