A Deputación adxudica tarefas de conservación de vías provinciais por 5,2 millóns

A xunta de goberno adxudicou sete dos oito lotes do contrato e só quedou deserto o da Montaña
photo_camera Pilar García Porto da cuenta de los acuerdos de la junta de gobierno. EP

A Deputación adxudicou sete dos oito lotes nos que está dividido o contrato para a prestación de servizos de conservación de estradas de titularidade provincial por un importe de 5,2 millóns.

Neste contrato inclúense todas as tarefas de mantemento dos viais, así como as derivadas de urxencias, causas sobrevidas ou que sexan consecuencia das inclemencias metereológicas. O programa está repartido en oito lotes, un por cada zona da rede viaria, “co fin de poder actuar dun xeito máis áxil e eficaz, sobre todo tendo en conta a enorme rede de estradas coa que contamos, que é a máis extensa de España e tres veces maior ca da Xunta na nosa provincia”, sinalou a portavoz socialista, Pilar García Porto.

A mellora da mobilidade "é unha dás liñas de actuación prioritaria, tal como se reflicte nos orzamentos para 2022, que destinan 17,3 millóns a estradas", indicou García Porto

Tras a adxudicación de onte queda pendente de contrato o lote número cinco, correspondente aos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna, que quedou deserto e volverase a sacar a contratación. García Porto recordou que a mellora da mobilidade “é unha dás liñas de actuación prioritaria deste goberno”, tal como se reflícte nos orzamentos para 2022, nos que soben de novo as partidas destinadas a estradas ata alcanzar os 17,3 millóns.

A xunta de goberno deu luz verde á solicitude do Concello de Friol para destinar a novas obras os remanentes de actuacións de plan único de 2021 por un importe de 80.800 euros. En concreto, a Deputación achegará máis de 48.000 euros para pavimentar os accesos á parroquia de Carlín e preto de 32.500 para os de Carballo, Friol e Recarei.

Tamén se licitou por un importe de pouco máis de 6.300 euros o contrato anual de subministración de 25 toneladas de alfalfa para o gando equino da granxa Gayoso Castro.