A Deputación activa unha app turística para Lugo

Recolle uns 2.500 puntos de interese dos 67 concellos da provincia. Foi presentada na reunión do Consello Provincial de Turismo
Reunión del Consello Provincial de Turismo, este miércoles en el salón de plenos de la Diputación. SEBAS SENANDE
photo_camera Reunión del Consello Provincial de Turismo, este miércoles en el salón de plenos de la Diputación. SEBAS SENANDE

A Deputación de Lugo pon en marcha unha nova aplicación para dispositivos móbiles con información turística de case 2.500 puntos de interese dos 67 concellos da provincia lucense.

A App foi presentada este mércores na primeira reunión do Consello Provincial de Turismo que se celebra este mandato. O presidente do organismo e da Deputación, José Tomé Roca, precisou que "poñemos en marcha esta aplicación coa intención de achegar unha información turística atractiva que aumente o número de visitantes e ademais, lles axude a mellorar a súa experiencia na provincia de Lugo".

Na asemblea participaron 24 membros deste ente que reafirmaron a idoneidade de apostar pola innovación tecnolóxica para mellorar a difusión e o acceso á oferta turística lucense.

A deputada de turismo, Pilar García Porto, explicou que "hoxe en día máis da metade dos viaxeiros utilizan as aplicacións móbiles para preparar as súas vacacións, e cremos que dende as administracións temos que apostar por esta nova maneira de entender o turismo". García Porto expuxo ademais o funcionamento desta ferramenta que pretende ensinar aos turistas as singularidades de Lugo.

FUNCIONAMENTO. A aplicación funciona a través da plataforma Inventrip, onde os usuarios poderán escoller un itinerario por cada un dos municipios, un xenérico para cada un dos xeodestinos, así como unha serie de viaxes temáticas. Pódese descargar a través dos sistemas Android e IOS, ou acceder ao contido a través da web https://inventrip.com/deputaciondelugo/

Na reunión do Consello Provincial de Turismo aprobáronse ademais as bases do premio Lugo Cambia, que incluirá dúas modalidades: unha propia de turismo e outra de gastronomía lucense. Con estes galardóns recoñecerase o traballo de persoas, entidades ou institucións a favor do fomento da promoción turística de Lugo. Tamén se acordou impulsar unha serie de medidas para consolidar Os Ancares e O Courel como destino científico, así como reforzar a presenza da institución en feiras de turismo para o próximo ano 2020.

Xacobeo con Jjiffy, ferramenta para compartir fotos do Camiño
A través do programa O teu Xacobeo da Xunta ponse en marcha a aplicación Xacobeo 2021 con Jjiffy, unha ferramenta para compartir fotografías das vivencias do Camiño de Santiago.

A iniciativa lanzarase nos próximos días en dez concellos, entre os que se atopan catro lucenses: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Sarria e Portomarín.

Comentarios