Detida unha veciña de Sarria por pedir un crédito de 5.000 euros con identidade falsa

Utilizou o nome dunha familiar, que denunciou cargos indebidos na súa conta
Paseo del Malecón de Sarria
photo_camera Paseo do Malecón de Sarria. AEP

A Garda Civil detivo a unha veciña de Sarria de 46 anos de idade como presunta autora dun delito de estafa por solicitar un crédito coa identidade dun familiar. 

Segundo fontes do instituto armado, a presunta autora solicitou o pasado mes de xuño un crédito por importe de 5.000 euros "suplantando a identidade dun familiar". 

A vítima, pola súa banda, denunciou que ten varios cargos bancarios indebidos na súa conta cun importe total de 3.000 euros, segundo as citadas fontes da Garda Civil. 

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial. 

Comentarios