Desmantelada unha rede que manipulaba ataques de lobos para cobrar indemnizacións

Beneficiáronse duns 60.000 euros e mataron uns 170 cabalos da súa propiedade por este motivo
Potro muerto por el ataque de los lobos
photo_camera Poldro morto polo ataque dos lobos. ARQUIVO

Unha publicación do Fondo para a Protección de Animais (Fapas) motivou unha investigación do Seprona que serviu para destapar unha rede finxía ataques de lobo para cobrar indemnizacións por reses mortas.

Estes gandeiros asturianos supostamente finxían os ataques para cobrar uns 900 euros por cada un dos seus cabalos falecidos en falsos ataques de lobos de mandas de Galicia e Asturias. Deste xeito, esta rede beneficiouse ilicitamente duns 60.000 euros.

Calcúlase que en dous anos causaron a morte duns 170 cabalos. Nalgúns casos chegaron a declarar dúas veces a morte do mesmo animal. Tamén utilizaban o gando para atraer a lobos a zonas onde foron cazados de forma ilegal.

Os gandeiros actuarían motivados polo incentivo da compensación económica, que multiplica por tres o prezo que obterían por vender o cabalo vivo.

Comentarios