O descenso da incidencia acumulada fréase no municipio de Lugo

Estes son os datos, concello a concello
Un sanitario realiza una prueba PCR. EFE
photo_camera Un sanitario realiza unha proba PCR. EFE

O gromo de Paradai freou a baixada da incidencia acumulada no municipio de Lugo, que pasa de 268 a 260 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, un ritmo de descenso menor que o do resto de cidades galegas. 

No resto da provincia, Guitiriz mantense como a excepción, con 2.204 casos por cada 100.000 habitantes, froito dos 121 positivos detectados en dúas semanas. O chairego é o concello con peores datos de toda Galicia, moi por riba do seu perseguidor, Moeche, cunha incidencia de 1.602.

Só hai outros tres concellos lucenses por encima de 500: O Corgo (643, con 10); Sober (531, con 12) e Taboada (515, con 14). E entre 300 e 400 atópanse Monforte, Guntín e Vilaba.

Tamén cunha incidencia superior a 250 sitúanse A Pobra do Brollón, Láncara, Portomarín, Ribas de Sil e Baralla, todos con entre 1 e 9 casos, sen concretar máis por parte do Sergas.

O número de concellos libres de covid-19 nos últimos 14 días mantense en 13: Abadín, Antas de Ulla, Barreiros, Folgoso do Courel, Xermade, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, Pol, Ribeira de Piquín, Samos e Trabada.

CIDADES. O descenso da incidencia do virus nas sete cidades galegas continúa. Só A Coruña e Ferrol seguen por encima de 400 casos por cada 100.000 habitantes. Vigo mantense como a urbe con mellores datos.

CIDADE CASOS EN 14 DÍAS INCIDENCIA ACUMULADA
A Coruña 1.145 462 (-24)
Ferrol 278 424 (-12)
Pontevedra 229 275 (-37)
Lugo 257 260 (-8)
Ourense 243 230 (-31)
Santiago 208 213 (-20)
Vigo 554 187 (-6)

Comentarios