A Deputación prevé aprobar neste ano 20 millóns de euros en servizos e obras

Tomé anuncia que a partir de este luns reactívanse os procedementos de licitación e contratación da institución provincial
Ferreiro y Tomé durante el pleno de la Diputación. XESÚS PONTE
photo_camera Maite Ferreiro y José Tomé durante o pleno da Deputación. XESÚS PONTE

Despois de que o Goberno central acordase levantar a suspensión dos procedementos de licitación incluídos no decreto do 14 de marzo que establecía o estado de alarma, a Deputación Provincial prepárase para aprobar no que queda de ano máis de 200 contratos de obras, servizos e subministracións públicos, o que supoñerá un investimento de preto de 20 millóns de euros.

Para o presidente da entidade provincial, José Tomé Roca, esta cantidade supoñerá «un importante estímulo para a economía da provincia, para o tecido empresarial e, polo tanto, para o mantemento do emprego».

O presidente provincial lembra, ademais, que durante o estado de alarma a Deputación de Lugo mobilizou recursos económicos para inxectar tanto nos 67 municipios lucenses como no tecido social e económico da provincia, máis de 55 millóns de euros "co fin de paliar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo Covid-19".

Esta inxección económica realizouse a través do plan único de cooperación cos concellos, dotado de 21,3 millóns de euros; co adianto de 11 millóns de euros correspondentes aos pagos mensuais, ata o mes de xuño, a aqueles municipios que teñen delegada a xestión de impostos municipais; coa liquidación da recadación de 2019 destes mesmos concellos por valor de 11,5 millóns; co pago de 2,3 millóns a provedores, e coa activación do plan estratéxico de subvencións, dotado para o presente exercicio con 5,7 millóns de orzamento.

Comentarios