A Deputación faise con cinco vehículos eléctricos para o seu parque móbil

Serán empregados para os traballos de mantemento e conservación da rede viaria provincial

Coches eléctricos da Deputación. EP
photo_camera Coches eléctricos da Deputación. EP

A Deputación de Lugo está a renovar o seu parque móbil. Este xoves recibiu cinco vehículos, os primeiros dos 18 que substituirá o organismo provincial.

Os cinco automóbiles son da marca Nissan Leaf e serán empregados para os traballos de mantemento e conservación da rede viaria provincial. Este coches teñen unha autonomía de 300 quilómetros.

Ademais dos coches, a Deputación tamén habilitou cinco puntos de recarga que se instalarán no Pazo de San Marcos -dous- e no parque móbil de Garabolos -tres-.

Segundo os datos do ente provincial, de gastar 70 euros diarios en combustible para os cinco vehículos antigos -25.550 euros ao ano-, a partir de agora estímase que haberá que pagar tan só 10 euros ao día.

Comentarios