Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Denuncian a desfeita dunha necrópole megalítica en Friol

A mámoa danana. EP
A mámoa danana. EP

Patrimonio dos Ancares atopou a mámoa, catalogada pola Xunta de Galicia, "gravemente danada" pola maquinaria pesada

O colectivo Patrimonio dos Ancares presentará este xoves unha denuncia pola destrución parcial dunha mámoa catalogada pola Xunta de Galicia e que está situada na parroquia de Narla, en Friol. Esta necrópole megalítica sitúase no lugar de Gándara de Espiñeira e contaba con máis de 20 metros de diámetro e 1,5 metros de altura.

O presidente da asociación, Xabier Moure, explica que foron alertados por un veciño e que tras achegarse ata o recinto comprobaron "que o túmulo sufrira gravísimos danos producidos por maquinaria pesada". "A metade da mámoa foi practicamente arrasada, ocasionándolle unha profunda gabia de máis de medio metro de profundidade e uns catro metros de ancho".

Ademais do dano no túmulo en si, o investigador afirma que "tamén removeron o anel peristalítico –unha especie de zócalo que reviste a mámoa–, levantaron terra e escavaron cun cazo o pé de varios piñeiros".

DESCURBIMIENTOS. Á súa vez, Patrimonio dos Ancares anunciou o achado dun grupo de petróglifos e unha mámoa sen catalogar cerca do caserío da Cabana, tamén en Friol. Na parroquia de Narla tamén atoparon unha mámoa sobre a cal se plantaron eucaliptos. Os tres descubrimentos xa foron comunicados a Patrimonio da Xunta de Galicia.

SANCIONES. O caso doutra agresión a unha mámoa no parque empresarial de Friol, en setembro de 2017, saldouse coa imposición dunha sanción para os autores por unha falta grave, que supón unha multa que oscila entre os 6.001 e os 150.000 euros.

O presidente de Patrimonio dos Ancares, Xabier Moure, afirma que "as destrucións se reducirían se as administracións aplicaran o estipulado pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que non sempre se cumpre".

Moure tamén se refire ao caso das pintadas na catedral de Santiago de Compostela como "a única ocasión na que importaron as agresións ao patrimonio".

Denuncian a desfeita dunha necrópole megalítica en Friol
Comentarios