jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

Decenas de persoas mobilízanse contra a "masacre" israelí na provincia de Lugo

Manifestación en Burela en apoyo a Palestina. AMA
Manifestación en Burela en apoio a Palestina. AMA
Lugo, Burela e Monforte acolleron concentracións en solidariedade co pobo palestino

Máis de 25 localidades galegas –entre elas Lugo, Burela e Monforte– acolleron na tarde deste martes diferentes concentracións e mobilizacións en solidariedade co pobo palestino. 

Baixo a lema Galiza coa Palestina. Paremos o xenocidio celebráronse estas mobilizacións, nas que se puideron ver bandeiras palestinas e realizáronse cánticos en contra dos bombardeos de Israel. 

A coordinadora Palestina.gal confirmou a celebración de 28 concentracións en contra do "xenocidio e apartheid que lle inflinxe o Estado israelí" a Palestina. Denuncia as agresións que o pobo palestino sofre desde 1948, que padece un "insufrible" día a día

Decenas de persoas mobilízanse contra a "masacre" israelí na...
comentarios