Campos mostra a súa disposición a repetir como presidente da Deputación tras o 26-M

Reivindica a xestión do seu equipo de goberno e vincula a ela parte dos resultados do PSOE en Lugo nas xerais

Darío Campos, llegando al pleno de la Diputación celebrado este martes. XESÚS PONTE
photo_camera Darío Campos, chegando ao pleno da Deputación celebrado este martes. XESÚS PONTE

A menos dun mes para a celebración das eleccións municipais, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos, manifestou este martes a súa disposición a repetir como candidato para liderar de novo o goberno provincial. "Cando se xoga un partido hai que ir gañalo, despois hai que aceptar o resultado", dixo. "Pero si que vou ir a gañar ou a intentar ir gañar para poder seguir coa mesma liña de traballo". 

Campos, antes do inicio do pleno provincial deste martes, realizou unha "valoración moi positiva" da xestión do seu equipo de goberno e, en certa medida, vinculou os resultados obtidos polo PSOE nas eleccións do pasado domingo con esa acción de goberno. Dela destacou a posta en marcha de iniciativas como o plan único.

REPROBACIÓN. Preguntado pola intención do PP e o deputado non adscrito Manuel Martínez de pedir a súa reprobación no pleno provincial, Campos atribuíu esa solicitude ao feito de que o seu goberno está "a facer ben" as cousas. 

"Se te reproba a oposición non é por algo que fixeses mal", manifestou para asegurar que o goberno pode "ir coa cabeza moi alta por toda a provincia". "Non fixemos ningunha cafrada e fixemos unha distribución de fondos para todos os concellos e para todos os veciños da provincia e eles [polo PP] non poden dicir o mesmo a nivel galego [da Xunta]", apuntou. 

Comentarios