Dan negativo todas as persoas ás que a Deputación de Lugo fixo un cribado

As probas realizáronse tras o positivo de Oliver Laxe
Una sanitaria realiza una prueba PCR a una mujer. EFE
photo_camera Unha sanitaria realiza unha proba PCR a unha muller. EFE

A Deputación de Lugo informou de que as probas de strong <>diagnóstico do covid-19 realizadas a oito persoas da institución que estiveran co cineasta Oliver Laxe un acto o pasado día 15 de xuño deron un resultado negativo.

Nun comunicado remitido aos medios, a Deputación de Lugo recorda que o Servizo de Prevención decidiu realizar as probas tras coñecerse o positivo en coronavirus do cineasta.

En concreto, este servizo citou para o luns ás oito persoas que estiveron en contacto co artista co obxectivo de "extremar as precaucións" e aplicando o seu protocolo de actuación, que complementa o do Sergas.

Comentarios