O covid, concello a concello: Meira e Trabada manteñen a súa IA por encima de 250

A provincia suma 35 concellos sen casos nas últimas dúas semanas
Participantes en el cribado realizado en Meira este sábado. M. MANCEBO
photo_camera Participantes no cribado realizado en Meira este sábado. M. MANCEBO

Meira e Trabada continúan centrando a atención das autoridades sanitarias na provincia. Son as dúas localidades lucenses coa incidencia acumulada máis alta da provincia, ambas superando os 250 casos por cada 100.000 habitantes. 

A Xunta, de feito, mantén o nivel alto de restricións no concello meirego. En Trabada está establecido o nivel medio, no que tamén se atopan outras dúas localidades lucenses, aínda que estas (Chantada e Barreiros) teñen a súa taxa de incidencia acumulada por baixo dos 250.

Do mesmo xeito que os municipios chantadés e barreirense, hai outros cinco concellos de Lugo que se moven na pinza de IA entre 150 e 250: Cervantes, Láncara, A Pastoriza, Quiroga e Ribeira de Piquín. 

MUNICIPIOS LIBRES DE CORONAVIRUS. A provincia suma 35 concellos que non detectaron ningún caso de coronavirus nas últimas dúas semanas, un máis dos que había este mércores ao sumarse Xove. A lista completa confórmana: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Guitiriz, Guntín, O Incio, Xove, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pedrafita do Cebreira, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Rábade, O Saviñao, Sober, Taboada, Triacastela, O Valadouro e Baralla.

CIDADES. As cidades de Galicia están inmersas en tendencias dispares. A máis afectada sigue sendo Vigo, que polo menos se mantén estable cunha IA de 172, só un punto por encima da que tiña este mércores. A Coruña, a segunda urbe con peores datos, descende en seis, mentres que Lugo, Pontevedra e Ourense experimentan un ascenso considerable. 

CIDADE CASOS EN 14 DÍAS INCIDENCIA ACUMULADA
Vigo 510 172 (+1)
A Coruña 296 120 (-6)
Lugo 91 92 (+7)
Pontevedra 75 90 (+7)
Ourense 80 76 (+6)
Ferrol 33 50 (-3)
Santiago 40 41 (-1)

 

Comentarios