Conde reclama medidas "contundentes" para rebaixar a factura das electrointensivas

reuniuse este luns coa Asociación de Empresas de Gran Consumo de Enerxía
Francisco Conde. SEBAS SENANDE
photo_camera Francisco Conde. SEBAS SENANDE

O vicepresidente segundo, Francisco Conde, advertiu de que a crise enerxética está a derivar en strong <>unha situación industrial "insostible" e reclamou ao Goberno que actúe "con medidas contundentes" para rebaixar a factura das electrointensivas.

Conde reuniuse este luns coa Asociación de Empresas de Gran Consumo de Enerxía (AEGE), que advertiu que as empresas do sector van ter que abonar 1.500 millóns de euros máis este ano pola electricidade que as súas competidoras europeas.

O titular autonómico lamentou que estas cifras pon de manifesto que a situación empeorou desde que o Executivo central aprobou o Estatuto para os Consumidores Electrointensivos, unha medida que "non dá resposta aos verdadeiros problemas" desta industria.

Así, apelou á situación que están a vivir as empresas galegas, chegando incluso nalgúns casos a paralizar a súa actividade ou reducir a súa produción, como é o caso de Megasa.

Neste sentido, o alto prezo da luz tamén está a ser un obstáculo na busca dunha saída industrial para Alu Ibérica na Coruña e Alcoa San Cibrao.

Comentarios