Os concellos lucenses en risco extremo baixan a cinco

Vinte e oito municipios non contabilizan ningún caso nos últimos 14 días
Cribado en Guitiriz. EP
photo_camera Cribado en Guitiriz. EP

A provincia de Lugo conta con cinco municipios en risco extremo, é dicir, cunha incidencia acumulada por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes. Estes concellos son Guitiriz, Monforte, A Pontenova, A Pobra de Brollón e Rábade. Sae desta lista con respecto á xornada anterior Sober

As peores cifras seguen sendo as de Guitiriz. O concello chairego ten unha incidencia de 1.092, aínda moi elevada, aínda que en traxectoria descendente (1.600 o xoves e 1.348 o venres). 

.

A Pobra de Brollón é o outro municipio da provincia que supera o medio milleiro, con entre 1 e 9 casos de coronavirus (a Xunta non especifica o número exacto con menos dunha decena).

Por baixo destes dous atópase A Pontenova, con 500, e Monforte, con 251. Rábade está tamén entre os 250 e os 500, con entre 1 e 9 positivos. 

SEN CORONAVIRUS. A provincia contabiliza 28 municipios sen ningún caso de coronavirus nas últimas dúas semanas. Estes concellos son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Bóveda, Carballedo, Cervantes, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Xove, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Trabada, Triacastela e O Vicedo

CIDADES. As cidades de Galicia manteñen a tendencia global á baixa, aínda que en Pontevedra e Vigo subiu lixeiramente a incidencia.

Iso si, a única cidade que está en zona de risco máximo é A Coruña, cunha incidencia acumulada de 296.

CIDADE CASOS EN 14 DÍAS INCIDENCIA ACUMULADA
A Coruña 732 296 (-1) 
Ferrol 152 232 (-26) 
Lugo 200 203 (-17)
Pontevedra 155 186 (+2) 
Vigo 411 139 (+1)
Santiago 107 109 (-3) 
Ourense 87 82 (-10) 

 

Comentarios