sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Os concellos libres de covid en Lugo aumentan de sete a trece

A Pontenova, Guitiriz e O Corgo preocupan e en só seis rexístrase aumento de casos

Os casos activos de coronavirus na provincia de Lugo presentan un notable descenso con respecto á semana pasada, como sucede en toda a comunidade galega. Deste xeito son trece os concellos libres de covid fronte aos sete que había fai sete días. Trátase de Abadín, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela e Xermade. Ademais, hai outros 17 que contan cun só caso.

Só seis concellos experimentan un aumento de contagios con respecto ao reconto de hai sete días, e nalgúns casos son incrementos moi leves, como os de Barreiros (de 0 a 1), Guitiriz (de 113 a 114) ou Riotorto (de 1 a 2). Máis significativos son os aumentos de Cervo (de 1 a 8), Outeiro de Rei (de 13 a 18) e A Pontenova (de 5 a 12).

Casos activos na provincia

Atendendo ao número de casos por cada 100.00 habitantes son tres os concellos que mostran unha situación preocupante na provincia de Lugo: Guitiriz, A Pontenova e O Corgo, este último pese ao descenso de número de positivos desde a pasada semana (de 27 a 25).

A maioría de concellos da provincia de Lugo experimentou destacados descensos de casos con respecto ao último reconto, como o de Vilalba, que conta con 36 casos fronte aos 96 da semana pasada. Lugo capital contaba onte con 260 casos fronte aos 325 do anterior reconto, un descenso que freou en parte o brote localizado en Paradai a finais da pasada semana.

Viveiro, que a mediados de xaneiro era un dos concellos con máis casos de Galicia, con 275, presenta agora só 19, vinte menos que a pasada semana.

Os concellos libres de covid en Lugo aumentan de sete a trece
comentarios