lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

O Concello de Friol retoma as obras para renovar por completo o Camiño Real

Foto de arquivo de Santos (esquerda) supervisando unha obra. AEP
Foto de arquivo de Santos (esquerda) supervisando unha obra. AEP

Nesta segunda fase rehabilitará un tramo de seis quilómetros que vai desde Cotá ao centro urbano friolés cun investimento de 50.000 euros

O Concello de Friol iniciará en breve a segunda fase para rehabilitar o Camiño Real ao seu paso polo municipio. Esta actuación conta cun investimento de 50.000 euros, dos cales 17.500 proceden de fondos propios e 32.500, dunha subvención da Consellería de Cultura.

O goberno local friolés iniciou o pasado ano as obras para renovar por completo este percorrido. Nesta ocasión os traballos retomaranse en Cotá e mellorarase un tramo de seis quilómetros que discorre desde esta parroquia ao centro urbano.

O rexedor, o popular José Ángel Santos, destaca que se trata dun proxecto importante para o municipio pois pretende mellorar o estado dun trazado que na actualidade úsase como ruta de sendeirismo. "Somos conscientes da importancia de conservar e acondicionar os nosos bens naturais e culturais, por iso realizamos este investimento que consideramos que é importante para incentivar ou turismo do concello", subliña.

Os traballos consistirán no acondicionado, drenaxe e afirmado do trazado, así como a sinalización do percorrido. Nestes momentos o proxecto atópase en fase de presentación de propostas.

A ÚLTIMA FASE, EN 2020. O alcalde avanza, ademais, que o próximo ano está previsto iniciar a terceira e última fase para arrombar por completo o Camiño Real. En concreto, mellorarase o tramo desde o centro urbano a Sobrado dous Monxes.

"Con este tipo de actuacións desde o goberno local de Friol amosamos a nosa vontade de seguir investindo en optimizar e mellorar o estado dos nosos bens municipais para que, na medida do posible, repercuta nun aumento de turistas ao noso pobo", resalta Santos.

O rexedor avanzou que o próximo ano está previsto iniciar a terceira e última fase

Desde o Concello recordan que este camiño discorre por terreo friolés, desde o núcleo da capitalidade, pasando polas parroquias de San Xiao, Santalla de Devesa, San Martiño de Cotá e San Pedro de Vilalvite. O Camiño Real servía de unión entre o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte, enlazando os dous trazados desde Lugo a Sobrado. Ao seu paso por Friol conta con varios dólmenes e mámoas de gran valor patrimonial.

O Concello de Friol retoma as obras para renovar por completo o...
Comentarios