O coidado de zonas verdes da Deputación custará 413.000 euros en 6 meses

O PP considera que os traballos encargados a Tragsa son máis caros que cando os realizaba a extinta sociedade urbanística Suplusa
Trabajos de mantenimiento en una zona verde provincial. EP
photo_camera Traballos de mantemento nunha zona verde provincial. EP

A empresa pública Tragsa encargarase ata finais deste ano do mantemento das zonas verdes que dependen da Deputación de Lugo, segundo acordou  a xunta de goberno do organismo provincial. O montante económico por estes seis meses ascende a 413.000 euros.

En decembro pasado, a Deputación adquiría unha acción de Tragsa, polo que esta pasaba a ser medio propio instrumental desta institución. Ese mesmo mes o organismo provincial tamén aprobaba encargarlle a esta empresa pública o mantemento das zonas verdes, o que posibilitaba a subrogación dos traballadores que pertencían á extinta sociedade do chan Suplusa nas mesmas condicións laborais e salariais.

Ese encargo era por seis meses, prorrogables por outros tantos, tal e como se acordou este venres, tras os informes das áreas de medio ambiente, intervención e contratación, segundo deu conta a portavoz socialista do equipo de goberno, Pilar García Porto.

CRÍTICAS DO PP. O acordo adoptado pola Deputación de Lugo desatou as críticas do partido da oposición porque considera que o custo do mantemento das zonas verdes "dispárase" en relación a cando se encargaba de este traballo Suplusa.

O viceportavoz provincial do PP, José Antonio García, acusou o presidente José Tomé de escurantismo por non dar explicacións sobre os custos reais dos labores que está a desempeñar Tragsa.

García afirmou que o bipartito xustificou a liquidación de Suplusa para "adelgazar vos custes na Deputación e agora dispáranse vos gastos co contrato con Tragsa".

Comentarios