A CH Miño-Sil investiu en 2020 case 950.000 euros na limpeza de ríos en Lugo

O obxectivo desas actuacións foi mellorar o funcionamento natural das canles
Imaxe de arquivo de troncos na ponte de Uriz. AEP
photo_camera Restos retirados o pasado ano dunha canle fluvial pola CHMS. AEP

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) investiu o pasado ano case 950.000 euros na limpeza e restauración de ríos na provincia lucense. Segundo indicaron desde o organismo de conca, acometéronse un total de 68 actuacións nuns 89 quilómetros de canles.

Na conxunto da área que lle compete -que inclúe tamén o dominio público hidráulico das provincias de Ourense, Pontevedra, Zamora e León-, o investimento da CHMS en 2020 nestas tarefas ascendeu a máis de 2.830.000 euros, un 18,26% máis que no 2019, e actuouse en máis de 316 quilómetros, un 56% máis.

Na provincia lucense, destacaron os traballos acometidos en canles ao seu paso por municipios como a propia capital, Monforte, Cospeito, Guitiriz, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Begonte, A Pastoriza, O Corgo, Samos Láncara, O Páramo, Bóveda, Quiroga, Sober ou Pantón, entre outros.

O obxectivo desas actuacións foi mellorar o funcionamento natural dos ríos, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

En canto ás técnicas empregadas na execución destes traballos, desde a CHMS resaltaron que se respectou a contorna, "sendo fundamental a súa integración co funcionamento ecolóxico do río e coa paisaxe fluvial". Na mesma liña, engadiron que nos traballos de estabilización de marxes aplicáronse "técnicas de bioingeniería, empregando biorrollos e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais do lugar, plantación de frondosas ou sementa de gramíneas e leguminosas, especies que enraízan con facilidade e facilitan a estabilización".

Estes traballos enmarcáronse nos contratos que o organismo de conca programa cada ano para a conservación e mellora da conectividad dos canles da demarcación do Miño-Sil.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, sinala que estas actuacións son sempre "imprescindibles" para o bo estado das canles, pero recalca que en anos de abundantes choivas "esta necesidade faise máis patente" xa que provocan "aumento de caudal, chans incapaces de filtrar máis auga, inundacións, debilitación do terreo e arrastres de maleza", minguando así a súa natural capacidade de desaugadoiro e a calidade das súas augas.

Comentarios