César Dorado gaña as eleccións e continuará como presidente de Acruga

A súa candidatura logrou o 52,3% do apoio, fronte ao 47,6% dos votos de David López
César Dorado. EP
photo_camera César Dorado. EP

César Dorado Pin seguirá á fronte de Acruga polo menos outros catro anos máis. O que era ata agora –e seguirá sendo– presidente da Asociación de Criadores de Raza Loura Galega logrou o triunfo nunha xornada electoral na que superou o 90% de participación. 

A candidatura de Dorado sumou o 52,3% dos votos, fronte ao 47,6% que levou a outra candidatura, a do gandeiro David López.

"Estou moi satisfeito pola alta participación; temos que agraceder aos gandeiros e gandeiras que se implicasen neste proceso e o respaldo que nos deron. Imos traballar con ganas renovadas para seguir avanzando en moitos dos proxectos que temos en marcha e na renovación de varios convenios coas administracións para lograr axudas e subvencións para os gandeiros de loura galega", sinalou dorado Pin. 

Tras este proceso electoral, César Dorado dará comezo ao que suporá o seu quinto mandato á fronte da asociacion. 

Comentarios