Cervantes, sen casos desde febreiro, arrinca a semana con dous positivos

Doce municipios da provincia teñen un único caso, catro máis que a semana anterior, mentres que 40 están libres de covid
Cribado en Xove, esta semana. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Cribado en Xove. J.Mª ÁLVEZ

O concello de Cervantes, que levaba sen casos activos desde o pasado mes de febreiro, comezou esta semana coa detección de dous novos positivos.

Nos municipios da Montaña, iso si, os positivos continúan sendo escasos. Con datos obtidos este luns, A Fonsagrada, Navia de Suarna ou As Nogais non contabilizan  ningún caso, mentres que Ribeira de Piquín suma un.

A provincia conta con doce municipios que contabilizan un só caso, catro máis que hai unha semana.

Por outra banda, hai 40 concellos da área sanitaria lucense libres de coronavirus.

Táboa. Na imaxe que se mostra a continuación, pode verse o número de casos que ten cada concello da provincia, así como a evolución de cada un ao longo das últimas semanas. 

Mapa de casos activos na provincia

Comentarios