Os casos de covid crecen 41 concellos da provincia de Lugo

Hai 105 máis que a semana pasada, mentres que o número de ingresados alcanza os 120
Mapa de casos activos en la provincia de Lugo. EP
photo_camera Mapa de casos activos na provincia de Lugo. EP

Os casos de covid aumentan na provincia de Lugo con respecto á semana pasada. Segundo datos do Sergas, hai máis positivos en 41 municipios, menos en 20 e mantéñense igual en 6. Rexístranse 2.098 casos activos, 105 máis dos que se notificaron o 5 de xullo. Pedrafita do Cebreiro, que hai sete días non contaba con ningún caso, agora ten 2; pero Negueira de Muñiz pasa a non ter ningún positivo e é o único concello libre de covid.

A maior subida de casos produciuse en strong <>Cervo, con 19 novos positivos e un total de 37. A seguinte subida máis notable é a de Bóveda, con 16 novos positivos e 36 en total, que duplica a cifra da semana pasada. Despois, tanto Sarria como O Saviñao soben 15 positivos, e quedan en 104 e 46 casos, respectivamente.

Mapa de casos activos na provincia de Lugo.EP
Mapa de casos activos na provincia de Lugo.EP

A maior baixada corresponde a Lugo, que pasa de 617 casos confirmados a 570, 47 menos que a semana anterior. Séguelle Monforte de Lemos, que pasa de 100 casos a 75, e Palas de Rei, que ten 15 positivos menos e pasa de 28 casos a 13.

O maior número de casos de covid segue téndoo a capital, seguida de Sarria, Vilalba, Viveiro e despois Monforte. á cola de casos está o agora libre de positivos Negueira de Muñiz. Hai catro municipios que só teñen 2 casos: Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita e Triacastela.

Aínda que en Lugo houbo un lixeiro aumento dos casos, en Galicia os positivos tenden á baixa. Hai 14.539 casos activos, 672 menos que onte, e as novas infeccións non chegan a 900.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade, hai 932 hospitalizados, 901 dos cales están en planta e 31 en unidades de coidados intensivos. No entanto, son un centenar máis que hai unha semana.

Hai tres áreas sanitarias que aumentan ingresados e outras tres Lugo-A Mariña-Monforte, con 120 (-3), deles oito na Uci (sen variación). Tamén baixan na área da Coruña-Cee, con 176 (-6), dos cales 6 están en críticos; e a de Santiago-Barbanza, con 147 (- 3), cinco deles en coidados intensivos (sen cambios).

No lado oposto, aumentan os hospitalizados na área de Ourense, a 174 (+5), cinco deles en coidados intensivos (+1); a de Vigo, con 126 (+1), dos que catro están críticos (-1); e a de Pontevedra-O Salnés, con 120 en total (+6), dúas deles na Uci (sen cambios).

Na área de Ferrol non varían: hai 69 enfermos covid hospitalizados, 68 deles en unidades convencionais (un máis) e un na Uci (un menos).

A área de Lugo é a terceira con máis pacientes covid, con 2.147 (- 99 con respecto ao día anterior). Por encima están A Coruña con 2.935 (-111) e Santiago con 2.494 (-105). Por baixo, Ourense con 2.117 (-82), Vigo con 2.099 (-132), Pontevedra con 1.462 (-93) e Ferrol con 1.260 (-50). Hai un descenso xeneralizado; nas últimas horas, recibiron o alta 1.530 pacientes.

O Sergas rexistrou nas últimas 24 horas analizadas 884 novos positivos, que baixa con respecto a días pasados. O martes 5 de xullo houbo 1.516 infeccións. Dos novos contagios notificados, 144 pertencían á área de Lugo.

Lista de casos activos de covid por municipios.EP
Lista de casos activos de covid por municipios.EP

Comentarios